A asociazión cultural Lazoiro comeza a súa andaina cunha recollida de xoguetes

Cartaz campaña recollida de xoguetes
Cartaz campaña recollida de xoguetes
Dende Lazoiro  preténdese que a xente nova se implique máis na vida diaria da nosa vila, formando parte de diferentes actividades.
Asociación nada en Salvaterra de Miño co obxectivo de dinamizar á actividade socio-cultural e deportiva, poñendo en valor o patrimonio da nosa vila e as nosas parroquias e fomentando valores como a participación cidadá, o emprego da nosa lingua e o ecoloxismo.
A dirección de Lazoiro esta formada  por   Samanta Vázquez (parroquia de Oleiros) , presidenta, Alberto Grandal (Salvaterra), vicepresidente, Marcos  Blanco (Grixó-Alxén), secretario, Roberto del Amparo (Salvaterra) tesoureiro e Felipe González (Meder) de vogal, ademais de socios e socias doutras parroquias.
“Dende a asociación Lazoiro queremos levar a cabo actividades para todos os públicos, por iso pensamos que é importante a colaboración entre diferentes asociacións que a día de hoxe apenas existe en Salvaterra”, afirma  Samanta Vázquez, a presidenta da asociación. Para lograr ese obxectivo dende Lazoiro    “faránse reunións cos outros colectivos a medida que  vaian surxindo ideas para levar a cabo, e dentro das nosas posibilidades, xa que aínda acabamos de constituirnos  fai pouco tempo” explica Marcos  Blanco, secretario da organización.
A primeira campaña de Lazoiro, baixo o título “Este nadal, agasalla ilusión” pretende ser o comezo da súa andaina, colaborando con numerosos establecementos de comerciantes e bares, na recollida de xoguetes que leva activa dende o xoves 5 de decembro, por iso animan aos veciños e veciñas a que participen nos establecementos que teñen o cartaz da campaña, dentro das posibilidades de cada un.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.