A Asociación Lazoiro, somos unha organización nova fundada en Salvaterra de Miño por un grupo de xente nova, na procura de dinamizar á actividade socio-cultural e deportiva, poñendo en valor o patrimonio da nosa vila e as nosas parroquias e fomentando valores como a participación cidadá, o emprego da nosa lingua e o ecoloxismo. O medio para alcanzar estes obxetivos basease na realización de actividades que abarquen os campos anteriormente citados, tendo como primeira iniciativa unha recollida solidaria de xoguetes.
A pesares de contar con poucos medios, a campaña solidaria de recollida de xoguetes deste nadal foi todo un éxito. A gran acollida que tivo a iniciativa fixo que se recolleran aproximadamente uns catrocentos xoguetes, dos cales unha boa cantidade foron entregados no Concello de Salvaterra de Miño antes de nadal. Por falta de espazo e tempo o concello non puido facerse cargo de todos os xoguetes, polo que os restantes serán entregados a diversas ONGs da Comarca, como é o caso dá asociación Ponte Solidario, ante a ausencia doutro sitio en Salvaterra onde entregalos.
Dende a Asociación Lazoiro, aproveitamos para agradecer a tódolos comercios, empresas e persoas de Salvaterra que colaboraron e participaron nesta campaña solidaria.
Por outra banda, tamén se realizou o pasado día 29 un roteiro co Apalpador polas rúas de Salvaterra e o Parque da Canuda. Durante o traxecto, o Apalpador interactuou cos nenos, sacándose fotos con eles, agasallándoos con caramelos e sorteando un libro. Esta iniciativa busca fomentar a de mitos e lendas galegas.