Este sábado 15 de marzo, ás 16:00h terá lugar na casa da Cultura de Salvaterra a primeira Asamblea aberta e participativa de Lazoiro. Aquí intentaremos responder a posibles dúbidas.
Quen pode asistir?
Calquera persoa, sen necesidade de ser socio, pode asistir e participar nos debates así como aportar ideas.
De que vai a tratar?
A Asamblea vai a estar dividida en dous: a parte “burocrática”, onde trataremos as finanzas, votación da Xunta Directiva, actas e diferentes cuestións legais e outra totalmente “dinámica”, onde falaremos sobre a finalidade da Asociación Lazoiro, as actividades que levamos feito e as actividades para o futuro.
Como podo participar?
Se queres formar parte da Xunta Directiva, tes que facerte socio antes de que dea comezo a I Asamblea. Tamén podes ser socio sen necesidade de formar parte da Xunta Directiva.
Se o único que queres e escoitar o noso proxecto ou aportar ideas, non tes que facer nada, só asistir o sábado 15 de marzo ás 16:00h a Casa da Cultura de Salvaterra.
Onde atopo os Estatutos?
Para aportar modificacións aos Estatutos debes ser socio. Podes levar as túas modificacións o mesmo día da Asamblea,