Lazoiro comeza un ciclo de conferencias baixo o lema “Noites de Faladoiro”. A primeira será este sábado 18 de xuño ás 20:30h no café-bar SOHO en Salvaterra de Miño e contará con Fernando Abreu, veciño e de Salvaterra, profesor de música e membro do Cuarto Caramuxo, entre outros.
O obxectivo destas “Noites de Faladoiro” é dinamizar a actividade socio-cultural da vila aprendendo á vez dunha forma máis informal, por iso o lugar será o café-bar SOHO. O faladoiro será guiado pero o público asistente poderá intervir cando o desexe para poder aprender máis de Fernando Abreu e a súa música.