Lazoiro recolle preto de 300 kilos de lixo no río Tea en Salvaterra

img-20161002-wa0002

Na limpeza gozouse dunha  xornada de voluntariado  ambiental e concienciación social

Un ano máis a asociación Lazoiro sumouse este domingo 2 de outubro á Limpeza Simultánea dos Ríos Galegos, impulsada polo Proxecto Ríos e que tivo lugar dende a desembocadura do Tea até o Cordeiro, na parroquia de Alxén.

Ademais dos obxectos habituais atopados, como son os plásticos, arames e  rodas de vehículos, nesta edición destacan as pezas de metal ou ferro de grandes dimensións, como unha parte dun andamio de obra de case dous metros e unha prancha metálica dun tamaño aproximado. Atopáronse tamén varias bolsas pechadas que contiñan numerosos cans afogados , algo que viña sendo habitual, pero nesta edición a xulgar polo seu estado, todo fai pensar que levaban moi pouco tempo.

Dende Lazoiro queren resaltar a participación cidadán que houbo, contando con preto de 30 persoas sendo así a edición con máis asistencia. Ademais a xente puido coñecer de forma directa a importancia de conservar o noso entorno. Implicándose tamén na posterior análise das augas e demais factores que serán enviados ao Proxecto Ríos para publicar no informe
anual sobre o Estado dos Ríos Galegos.