Participa!

Faite socia por só 10€ ao ano

Lazoiro nace no ano 2013 en Salvaterra de Miño co obxectivo de dinamizar a actividade cultural de deportiva do noso pobo e as súas parroquias, fomentando o uso do galego, poñendo en valor o noso patrimonio e realizando todo tipo de actividades de divulgación cultural e en defensa do medio ambiente.

Se queres formar part da nosa organización ó tes que enviarnos cuberto e asinado o seguinte documento en formato PDF, á dirección de correo electrónico que aparece na parte inferior do mesmo documento.

Igualdade

No ano 2018 a asociación converteuse na primeira entidade en levar a cabo un acto de visibilidade aos dereitos LGTBI, pendurando unha bandeira dende un edificio público

Defensa do Patrimonio

O inventariado de achados, o proxecto 17 Parroquias para poñer en valor o patrimonio ou a denuncia a través do activismo social destacan entre algunhas das moitas formas de expresión da Asociación

Ecoloxismo

Lazoiro organiza charlas e promove actividades, entre as que destacan campañas en contra do uso dos herbicidas en Salvaterra ou a protección ás anduriñas

Fotografías de Actividades da Asociación

Séguenos nas redes sociais