Convocatoria da Asamblea Xeral Ordinaria do 2016 o luns 26 de decembro

O 26 de decembro ás 21:00h terá lugar a Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación Lazoiro na Casa da Cultura de Salvaterra no local habitual de reunións. Quen desexe máis información pode poñerse en contacto no seguinte correo: info@lazoiro.org ORDE DO DÍA 1. Lectura e aprobación da acta anterior 2. Altas e baixas 3. Estado dasContinue reading “Convocatoria da Asamblea Xeral Ordinaria do 2016 o luns 26 de decembro”

A Nosa Memoria, exposición e homenaxe os días 21, 22 e 23 de outubro

Lazoiro organiza os días 21, 22 e 23 unha nova exposición nas Covas de Dona Urraca en Salvaterra, adicada á memoria histórica. A exposición contara con medio cento de fotografías, xornais e documentación da época. Ademais, o domingo 23 terá lugar un acto homenaxe.

Lazoiro presenta alegacións ao Proxecto do Pantalán en Salvaterra

O estudo ambiental do proxecto presentado polo Concello evidencia que non se trata dun estudo real da zona, senón dun copia e pega doutro proxecto ao aparecer especies e outras informacións que non existen en Salvaterra O pasado luns día 3 de outubro a Asociación Lazoiro presentou no Concello de Salvaterra de Miño unha recompilaciónContinue reading “Lazoiro presenta alegacións ao Proxecto do Pantalán en Salvaterra”

Lazoiro recolle preto de 300 kilos de lixo no río Tea en Salvaterra

Na limpeza gozouse dunha  xornada de voluntariado  ambiental e concienciación social Un ano máis a asociación Lazoiro sumouse este domingo 2 de outubro á Limpeza Simultánea dos Ríos Galegos, impulsada polo Proxecto Ríos e que tivo lugar dende a desembocadura do Tea até o Cordeiro, na parroquia de Alxén. Ademais dos obxectos habituais atopados, comoContinue reading “Lazoiro recolle preto de 300 kilos de lixo no río Tea en Salvaterra”

Este domingo dous de outubro limpeza do río Tea en Salvaterra

Un ano máis Lazoiro colabora coas xornadas simultáneas de limpeza dos ríos galegos organizadas por ADEGA. A limpeza en Salvaterra terá lugar no río Tea, punto de partida a ponte da Fillaboa este domingo ás 10:00h. Podes ter máis información da xornada e do Proxecto Ríos na web http://proxectorios.org/

Lazoiro pide á administración a inclusión no censo de zonas de baño de Galicia das praias fluviais do río Tea e Miño en Salvaterra de Miño

No municipio de Salvaterra existen diferentes praias fluviais no río Tea e Miño na calculamos que na maioría ten unha media afluencia semanal de 200 persoas entre veciños da zona, vila e localidades próximas que se achegan a estes lugares de baño pero ningunha esta incluída de forma oficial no censo de zonas de bañoContinue reading “Lazoiro pide á administración a inclusión no censo de zonas de baño de Galicia das praias fluviais do río Tea e Miño en Salvaterra de Miño”

Lazoiro denuncia o uso de herbicidas que afectan a augas superficiais e subterráneas no Concello de Salvaterra

Nota de prensa enviada aos medios de comunicación. Hai varias semanas que o persoal da empresa que leva a cabo o mantemento de diferentes estradas que pasan por Salvaterra, veñen aplicando herbicidas polas beirarrúas e taludes destas estradas incumprindo a normativa vixente sobre o uso de produtos fitosanitarios. A asociación Lazoiro vén de presentar anteContinue reading “Lazoiro denuncia o uso de herbicidas que afectan a augas superficiais e subterráneas no Concello de Salvaterra”

Andaina Cultural e Medioambiental este sábado e domingo dentro do Ekofeirón de Salvaterra

Con motivo da celebración do primeiro Ekofeirón galaico-porutugés que terá lugar os días 18 de 19 de xuño no parque de Salvaterra de Miño,  dende a Asociación Lazoiro imos colaborar cos organizadores realizando dúas andainas. O Ekofeirón contará con postos de artesanía, comida, cosmética natural, cervexa artesá, actividades… Andaina medioambiental  (sábado 18 de xuño) RoteiroContinue reading “Andaina Cultural e Medioambiental este sábado e domingo dentro do Ekofeirón de Salvaterra”

Noites de Faladoiro con Fernando Abreu, este sábado 18

Lazoiro comeza un ciclo de conferencias baixo o lema “Noites de Faladoiro”. A primeira será este sábado 18 de xuño ás 20:30h no café-bar SOHO en Salvaterra de Miño e contará con Fernando Abreu, veciño e de Salvaterra, profesor de música e membro do Cuarto Caramuxo, entre outros. O obxectivo destas “Noites de Faladoiro” éContinue reading “Noites de Faladoiro con Fernando Abreu, este sábado 18”