1.000 persoas pasaron pola exposición Memoria de Salvaterra

_MG_2102

Ao longo do fin de semana que estivo aberta a exposición Memoria de Salvaterra, do 20 ao 22 de novembro, pasaron 1.000 persoas, moitas deles non só veciños de Salvaterra, senón tamén doutras localidades e tamén Monçao.

A exposición, contaba con medio centenar de fotografías ordenadas por décadas, onde se podían ver as dezasete parroquias de Salvaterra, ademais, moitas fotos compartían historia con Monçao; por exemplo nas que sae o río Miño.

Ademais das fotografías, podían verse obxectos do antigo cine Coliseo, documentos de xornais antigos, onde saían publicidade de empresas da zona e novas sobre festividades ou temas locais.

A xente tamén podían atoparse con entradas do antigo transbordador que unía Salvaterra e Monçao antes da chegada da Ponte Internacional.

Durante os tres días que durou a exposición, moitos veciños e veciñas de Salvaterra amosáronse dispostos a conseguir máis fotografías para que as poidamos dixitalizar.

A REACCIÓN DA XENTE

A emoción podía verse en especial na cara dos máis maiores, ao verse recoñecidos en moitas fotografías, ou en grupos de xente que se forman ao redor dunha fotografía exposta para comentala, ou intentar atopar quen eran as persoas que saían.

Dende a asociación Lazoiro amósanse moi satisfeitos pola gran cantidade de xente que asistiu.

Queremos tamén agradecer ao nosos patrocinadores, socios, e a todas esas persoas que fixeron posible a exposición

Moitas grazas!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.