Lazoiro presenta alegacións ao Proxecto do Pantalán en Salvaterra

img-20161009-wa0008

O estudo ambiental do proxecto presentado polo Concello evidencia que non se trata dun estudo real da zona, senón dun copia e pega doutro proxecto ao aparecer especies e outras informacións que non existen en Salvaterra

O pasado luns día 3 de outubro a Asociación Lazoiro presentou no Concello de Salvaterra de Miño unha recompilación de alegacións ao proxecto sobre a construción dun pantalán na zona do río Miño na que se atopa actualmente o embarcadoiro do antigo transbordador.

O documento presentado, que constaba de seis puntos principais, versa esencialmente sobre as problemáticas ecolóxicas que poden derivar do proxecto, valorado en case douscentos cincuenta mil euros.

Deste xeito, nun primeiro momento cuestionase a necesidade de levar a cabo a construción, considerando a existencia do embarcadoiro actual. Tamén se fala do efecto sobre a flora e fauna, en especial sobre certas especies protexidas, a baixa viabilidade do estudo de viabilidade medioambiental ou a necesidade de informar á administración portuguesa, debido a súa proximidade e ao atoparse dentro dunha zona compartida baixo a o amparo legal da REDE NATURA 2000.

O Proxecto do Pantalán en Salvaterra, ademais de estar integramente escrito en castelán, ignora a Lei Orgánica de Protección de Datos, ao non referirse en ningún momento a ela tendo en conta que contará cun sistema de videovixilancia.

[scribd id=327659631 key=key-zUY7LJiVC0eIAmFRl6Dd mode=scroll]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.