Noites de Faladoiro con Fernando Abreu, este sábado 18

13407101_1734847756733568_2149811615098975614_nLazoiro comeza un ciclo de conferencias baixo o lema “Noites de Faladoiro”. A primeira será este sábado 18 de xuño ás 20:30h no café-bar SOHO en Salvaterra de Miño e contará con Fernando Abreu, veciño e de Salvaterra, profesor de música e membro do Cuarto Caramuxo, entre outros.

O obxectivo destas “Noites de Faladoiro” é dinamizar a actividade socio-cultural da vila aprendendo á vez dunha forma máis informal, por iso o lugar será o café-bar SOHO. O faladoiro será guiado pero o público asistente poderá intervir cando o desexe para poder aprender máis de Fernando Abreu e a súa música.

Lazoiro solicítalle a Medio Rural unha xuntanza pública para informar do Nematodo

O pasado 30 de abril apareceron nos medios de comunicacións informacións dun novo foco do nematodo do piñeiro en Salvaterra

A asociación Lazoiro vén de presentarse no rexistro do Concello de Salvaterra e de Miño e na Consellería de Medio Rural  unha solicitude de información en relación á praga do nematodo do piñeiro e a súa situación actual, ademais dunha xuntanza pública con persoal de dita consellería.

Entenden que é de vital importancia que as distintas administracións implicadas poñan os datos ao dispor dos veciños e veciñas, en especial debido aos últimos acontecementos que falan da reaparición da praga en determinados puntos.
Ademais, dende Lazoiro destacan o gran problema e alarma que xa supuxo en anteriores ocasións causadas pola gran descoordinación na propia Consellería de Medio Rural e demais organismos implicados, sumados sempre á falta de información dada ás persoas afectadas, algo que non pode volver a acontecer. Por iso dende Lazoiro insisten en que se debe facer de forma urxente unha reunión pública co persoal de Medio Rural onde se aclare a situación e coa implicación dos concellos afectados.

Charla sobre a Avespa Velutina en Salvaterra o sábado 12 de marzo

O sábado 12 de marzo dende a Asociación Lazoiro organizamos unha charla sobre a avespa velutina no salón de plenos do Concello de Salvaterra ás 19:30h. Contaremos coa participación Tomás Rivero e Nacho Rivero, dous expertos apicultores.

avespa asiatica

Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria o 22 de decembro

O 22 de decembro ás 21:00h terá lugar a Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación Lazoiro na Casa da Cultura de Salvaterra no local habitual de reunións. Quen desexe máis información pode poñerse en contacto no seguinte correo: info@lazoiro.org

ORDE DO DÍA
1.- Altas e baixas
2.- Estado das contas
3.- Elección nova Xunta Directiva
4.- Memoria de Salvaterra
5.- Proxecto Ríos
6.- Propostas medioambientais co Concello
7.-Posibles propostas para levar a Pleno
7.-Colaboración con outras Asociacións ou Agrupacións
9.- Rogos e preguntas

1.000 persoas pasaron pola exposición Memoria de Salvaterra

_MG_2102

Ao longo do fin de semana que estivo aberta a exposición Memoria de Salvaterra, do 20 ao 22 de novembro, pasaron 1.000 persoas, moitas deles non só veciños de Salvaterra, senón tamén doutras localidades e tamén Monçao.

A exposición, contaba con medio centenar de fotografías ordenadas por décadas, onde se podían ver as dezasete parroquias de Salvaterra, ademais, moitas fotos compartían historia con Monçao; por exemplo nas que sae o río Miño.

Ademais das fotografías, podían verse obxectos do antigo cine Coliseo, documentos de xornais antigos, onde saían publicidade de empresas da zona e novas sobre festividades ou temas locais.

A xente tamén podían atoparse con entradas do antigo transbordador que unía Salvaterra e Monçao antes da chegada da Ponte Internacional.

Durante os tres días que durou a exposición, moitos veciños e veciñas de Salvaterra amosáronse dispostos a conseguir máis fotografías para que as poidamos dixitalizar.

A REACCIÓN DA XENTE

A emoción podía verse en especial na cara dos máis maiores, ao verse recoñecidos en moitas fotografías, ou en grupos de xente que se forman ao redor dunha fotografía exposta para comentala, ou intentar atopar quen eran as persoas que saían.

Dende a asociación Lazoiro amósanse moi satisfeitos pola gran cantidade de xente que asistiu.

Queremos tamén agradecer ao nosos patrocinadores, socios, e a todas esas persoas que fixeron posible a exposición

Moitas grazas!!!

III Xornadas de Conservación do Río Tea en Salvaterra

Cartaz_Limpeza_2015-01-01

A asociación Lazoiro súmase un ano máis á Limpeza Simultánea de ríos galegos, unha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social

O domingo 27 de setembro terá lugar a Limpeza Simultánea dos Ríos Galegos, unha iniciativa promovida polo Proxecto Ríos da asociación ecoloxista ADEGA onde   colaboran tamén numerosas institucións e da que a asociación Lazoiro forma parte.

A limpeza terá lugar dende a desembocadura do río Tea en Salvaterra, até o Cordeiro, na parroquia de Alxén. O punto de encontro será a ponte da Fillaboa ás 10:00h.

Este ano, ademais da habitual limpeza e inspección do río (análise das augas…) faremos un xantar campestre, onde cada un terá que levar a súa propia comida.

Para participar hai que anotarse no teléfono 664839244,  ademais de levar roupa cómoda e luvas.

Salvaterra recupera a súa memoria

Ponte_Salvaterra

*Nota de prensa enviada aos medios de comunicación en referencia a Memoria de Salvaterra.

Lazoiro lanza o proxecto Memoria de Salvaterra en forma de páxina web, que recompila fotografías antigas da vila e parroquias

O obxetivo de Lazoiro ten como finalidade dar a coñecer ás novas xeracións o pasado histórico do Concello e recordar ós maiores, tempos pasados. Por isto, cada fotografía irá acompañada dunha pequena reseña historica , a súa xeolocalización, unha comparación do antes e despois e un apartado de comentarios para as respectivas fotografías.

Según Lucas Farrapeira (programador de Lazoiro)  “as fotografías estarán clasificadas por décadas, parroquias e temáticas”.

Dende Lazoiro confesámonos moi ilusionados co proxecto, xa que pasado é sinónimo de acontecementos vividos , de “o que foi”, de “o que fomos “, de como eran as cousas e de como esas cousas (as aldeas, costumes, persoas , etc.) foi transformado ao longo dos anos por iso é importante recuperalo.

O obxectivo de aquí para adiante non é outro que contar coa colaboración de todos os veciños e veciñas para recuperar a nosa memoria colectiva e que perdure no tempo, por iso as fotografías irán acompañadas de numerosa información sobre o lugar, a década ou quenes saen nela.