Proxectos

Lazoiro é participación veciñal

Elaboración de proxectos que poñen en valor o patrimonio material e inmaterial de Salvaterra

Proxecto Memoria de Salvaterra

No seu nacemento, Memoria de Salvaterra fundaméntase principalmente na recuperación de fotografías antigas para poñer en valor as parroquias e as súas xentes, para o cal realízase un proceso de dixitalización e posterior inventariado. Sendo necesario organizar grupos de traballos con xente voluntaria e implicada nesta iniciativa para poder percorrer tódalas parroquias (Salvaterra ten un total de dezasete parroquias) acudindo ás casas dos veciños e veciñas que contan con fondo documental fotográfico, organizando reunións con asociacións ou nos Centros Culturais. Para poder levar a cabo a primeira fase deste proxecto, foi necesario realizar unha campaña previa na prensa,  nas redes sociais e inclusive de pegada de cartaces, -tamén en Monção-. 

Unha vez obtido o primeiro acopio de fotografías, comezan a publicarse na páxina web memoriadesalvaterra.lazoiro.org parte do material, facendo en todo momento uso das redes sociais para obter unha maior repercusión e participación. 

Co paso dos meses e ante a gran participación veciñal lograse un grande acopio de material (preto de 1.000 fotografías), ampliando a recollida tamén a vídeos. Nace por tanto a necesidade de crear diferentes formatos de soporte e novas formas de canalizar toda a información recollida para poder expola e dala a coñecer dun xeito claro e que resulte de interese. 

Nacen por tanto as exposicións fotográficas, documentais e inclusive de diferentes obxectivos, dependendo da temática. Porén, pouco tempo despois a Asociación comeza a elaborar curtas documentais, tendo un total de dúas publicadas e traballando activamente noutras.

Proxecto Ríos

O Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental que basea o seu labor en tres piares fundamentais:

1. A importancia da educación ambiental para dar a coñecer os ecosistemas acuáticos e promover comportamentos que redunden na súa conservación.

2. A constancia do traballo co voluntariado ambiental que se fai responsábel dun treito de río.

3. O fomento da participación cidadá como ferramenta fundamental que permita camiñar cara a unha sociedade máis sensibilizada e capacitada para emprender accións de protección e mellora destes ecosistemas.

O Proxecto Ríos é esencialmente unha iniciativa de participación cidadá e de intervención socioambiental.

Proxecto 17 Parroquias

O obxectivo é levar a acción da asociación fóra do núcleo de Salvaterra de Miño e dala a coñecer nas parroquias do concello. A actividade axudará a ver a súa propia parroquia aos habitantes da mesma, dándolle a coñecer datos aos que quizais non tiveron acceso, con concienciación pola conservación dos bens patrimoniais e naturais.

Séguenos nas redes sociais