A Nosa Memoria, exposición e homenaxe os días 21, 22 e 23 de outubro

Lazoiro organiza os días 21, 22 e 23 unha nova exposición nas Covas de Dona Urraca en Salvaterra, adicada á memoria histórica. A exposición contara con medio cento de fotografías, xornais e documentación da época. Ademais, o domingo 23 terá lugar un acto homenaxe.

Lazoiro recolle preto de 300 kilos de lixo no río Tea en Salvaterra

Na limpeza gozouse dunha  xornada de voluntariado  ambiental e concienciación social Un ano máis a asociación Lazoiro sumouse este domingo 2 de outubro á Limpeza Simultánea dos Ríos Galegos, impulsada polo Proxecto Ríos e que tivo lugar dende a desembocadura do Tea até o Cordeiro, na parroquia de Alxén. Ademais dos obxectos habituais atopados, comoContinue reading “Lazoiro recolle preto de 300 kilos de lixo no río Tea en Salvaterra”

Este domingo dous de outubro limpeza do río Tea en Salvaterra

Un ano máis Lazoiro colabora coas xornadas simultáneas de limpeza dos ríos galegos organizadas por ADEGA. A limpeza en Salvaterra terá lugar no río Tea, punto de partida a ponte da Fillaboa este domingo ás 10:00h. Podes ter máis información da xornada e do Proxecto Ríos na web http://proxectorios.org/

Andaina Cultural e Medioambiental este sábado e domingo dentro do Ekofeirón de Salvaterra

Con motivo da celebración do primeiro Ekofeirón galaico-porutugés que terá lugar os días 18 de 19 de xuño no parque de Salvaterra de Miño,  dende a Asociación Lazoiro imos colaborar cos organizadores realizando dúas andainas. O Ekofeirón contará con postos de artesanía, comida, cosmética natural, cervexa artesá, actividades… Andaina medioambiental  (sábado 18 de xuño) RoteiroContinue reading “Andaina Cultural e Medioambiental este sábado e domingo dentro do Ekofeirón de Salvaterra”

Noites de Faladoiro con Fernando Abreu, este sábado 18

Lazoiro comeza un ciclo de conferencias baixo o lema “Noites de Faladoiro”. A primeira será este sábado 18 de xuño ás 20:30h no café-bar SOHO en Salvaterra de Miño e contará con Fernando Abreu, veciño e de Salvaterra, profesor de música e membro do Cuarto Caramuxo, entre outros. O obxectivo destas “Noites de Faladoiro” éContinue reading “Noites de Faladoiro con Fernando Abreu, este sábado 18”

Lazoiro solicítalle a Medio Rural unha xuntanza pública para informar do Nematodo

O pasado 30 de abril apareceron nos medios de comunicacións informacións dun novo foco do nematodo do piñeiro en Salvaterra A asociación Lazoiro vén de presentarse no rexistro do Concello de Salvaterra e de Miño e na Consellería de Medio Rural  unha solicitude de información en relación á praga do nematodo do piñeiro e a súa situación actual,Continue reading “Lazoiro solicítalle a Medio Rural unha xuntanza pública para informar do Nematodo”

Charla sobre a Avespa Velutina en Salvaterra o sábado 12 de marzo

O sábado 12 de marzo dende a Asociación Lazoiro organizamos unha charla sobre a avespa velutina no salón de plenos do Concello de Salvaterra ás 19:30h. Contaremos coa participación Tomás Rivero e Nacho Rivero, dous expertos apicultores.

1.000 persoas pasaron pola exposición Memoria de Salvaterra

Ao longo do fin de semana que estivo aberta a exposición Memoria de Salvaterra, do 20 ao 22 de novembro, pasaron 1.000 persoas, moitas deles non só veciños de Salvaterra, senón tamén doutras localidades e tamén Monçao. A exposición, contaba con medio centenar de fotografías ordenadas por décadas, onde se podían ver as dezasete parroquiasContinue reading “1.000 persoas pasaron pola exposición Memoria de Salvaterra”