Convocatoria da Asamblea Xeral Ordinaria do 2016 o luns 26 de decembro

O 26 de decembro ás 21:00h terá lugar a Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación Lazoiro na Casa da Cultura de Salvaterra no local habitual de reunións. Quen desexe máis información pode poñerse en contacto no seguinte correo: info@lazoiro.org

ORDE DO DÍA
1. Lectura e aprobación da acta anterior
2. Altas e baixas
3. Estado das contas
4. Avaliación anual das actividades feitas
5. Memoria de Salvaterra
6. Proxecto Ríos
7. Memoria Histórica
8. Colaboración con outras Asociacións ou Agrupacións
9. Propostas para o vindeiro ano
10. Rogos e preguntas

A Nosa Memoria, exposición e homenaxe os días 21, 22 e 23 de outubro

cartel-expo16-01Lazoiro organiza os días 21, 22 e 23 unha nova exposición nas Covas de Dona Urraca en Salvaterra, adicada á memoria histórica. A exposición contara con medio cento de fotografías, xornais e documentación da época. Ademais, o domingo 23 terá lugar un acto homenaxe.

Lazoiro presenta alegacións ao Proxecto do Pantalán en Salvaterra

img-20161009-wa0008

O estudo ambiental do proxecto presentado polo Concello evidencia que non se trata dun estudo real da zona, senón dun copia e pega doutro proxecto ao aparecer especies e outras informacións que non existen en Salvaterra

O pasado luns día 3 de outubro a Asociación Lazoiro presentou no Concello de Salvaterra de Miño unha recompilación de alegacións ao proxecto sobre a construción dun pantalán na zona do río Miño na que se atopa actualmente o embarcadoiro do antigo transbordador.

O documento presentado, que constaba de seis puntos principais, versa esencialmente sobre as problemáticas ecolóxicas que poden derivar do proxecto, valorado en case douscentos cincuenta mil euros.

Deste xeito, nun primeiro momento cuestionase a necesidade de levar a cabo a construción, considerando a existencia do embarcadoiro actual. Tamén se fala do efecto sobre a flora e fauna, en especial sobre certas especies protexidas, a baixa viabilidade do estudo de viabilidade medioambiental ou a necesidade de informar á administración portuguesa, debido a súa proximidade e ao atoparse dentro dunha zona compartida baixo a o amparo legal da REDE NATURA 2000.

O Proxecto do Pantalán en Salvaterra, ademais de estar integramente escrito en castelán, ignora a Lei Orgánica de Protección de Datos, ao non referirse en ningún momento a ela tendo en conta que contará cun sistema de videovixilancia.

[scribd id=327659631 key=key-zUY7LJiVC0eIAmFRl6Dd mode=scroll]

Lazoiro recolle preto de 300 kilos de lixo no río Tea en Salvaterra

img-20161002-wa0002

Na limpeza gozouse dunha  xornada de voluntariado  ambiental e concienciación social

Un ano máis a asociación Lazoiro sumouse este domingo 2 de outubro á Limpeza Simultánea dos Ríos Galegos, impulsada polo Proxecto Ríos e que tivo lugar dende a desembocadura do Tea até o Cordeiro, na parroquia de Alxén.

Ademais dos obxectos habituais atopados, como son os plásticos, arames e  rodas de vehículos, nesta edición destacan as pezas de metal ou ferro de grandes dimensións, como unha parte dun andamio de obra de case dous metros e unha prancha metálica dun tamaño aproximado. Atopáronse tamén varias bolsas pechadas que contiñan numerosos cans afogados , algo que viña sendo habitual, pero nesta edición a xulgar polo seu estado, todo fai pensar que levaban moi pouco tempo.

Dende Lazoiro queren resaltar a participación cidadán que houbo, contando con preto de 30 persoas sendo así a edición con máis asistencia. Ademais a xente puido coñecer de forma directa a importancia de conservar o noso entorno. Implicándose tamén na posterior análise das augas e demais factores que serán enviados ao Proxecto Ríos para publicar no informe
anual sobre o Estado dos Ríos Galegos.

Este domingo dous de outubro limpeza do río Tea en Salvaterra

cartaz_limpeza_riotea

Un ano máis Lazoiro colabora coas xornadas simultáneas de limpeza dos ríos galegos organizadas por ADEGA. A limpeza en Salvaterra terá lugar no río Tea, punto de partida a ponte da Fillaboa este domingo ás 10:00h.

Podes ter máis información da xornada e do Proxecto Ríos na web http://proxectorios.org/

Lazoiro pide á administración a inclusión no censo de zonas de baño de Galicia das praias fluviais do río Tea e Miño en Salvaterra de Miño

praias_fluviais1

No municipio de Salvaterra existen diferentes praias fluviais no río Tea e Miño na
calculamos que na maioría ten unha media afluencia semanal de 200 persoas entre
veciños da zona, vila e localidades próximas que se achegan a estes lugares de baño
pero ningunha esta incluída de forma oficial no censo de zonas de baño de Galicia,
polo que non están sometidas a ningún control da calidade das súas augas.
Estas praias atópanse en diferentes parroquias de Salvaterra, contando todas elas cun
bo acceso e a maioría con merendeiros. No río Tea destacan a de Abelán na parroquia
de Fornelos, Cordeiro en Alxén e os Muíños en Salvaterra. Tamén no río Miño a de
Bogal na parroquia de Oleiros.
A Asociación Lazoiro pide a inclusión no censo de zonas de baño de Galicia ao
amparo da Lei 14/1986, do 25 de abril, que prevé que as actividades e produtos que,
directa ou indirectamente, poidan ter consecuencias negativas para a saúde, sexan
sometidos ao control das administración públicas. Unhas destas actividades é o uso
recreativo da auga, en concreto as zonas de augas de baño naturais.
Entre eses beneficios, estaría poder consultar en liña o estado da auga en todo
momento e incluso de que se volvese a repetir algúns dos verquidos que nos últimos
anos tiveron lugar no río Tea, entre o que destaca o do vertido de sosa cáustica en
Mondariz. Deixando por tanto nunha situación de desamparo ás persoas que se bañan
no río Tea en Salvaterra, xa que o último punto recoñecido como zona de baño atópase
en Ponteareas, esquecéndose por tanto do treito final que vai até a desembocadura no
río Miño.
Por eses motivos a asociación Lazoiro vén de solicitar de forma oficial a incorporación
das praias anteriormente citadas no censo de zonas de baño de Galicia antes a Xefatura
Territorial de Sanidade de Pontevedra e tamén posto en coñecemento do Concello de
Salvaterra para que tomen as medidas necesarias.

[scribd id=323359215 key=key-GGo01PbucecSTEfQuMy9 mode=scroll]

Lazoiro denuncia o uso de herbicidas que afectan a augas superficiais e subterráneas no Concello de Salvaterra

Nota de prensa enviada aos medios de comunicación.

Hai varias semanas que o persoal da empresa que leva a cabo o mantemento de diferentes estradas que pasan por Salvaterra, veñen aplicando herbicidas polas beirarrúas e taludes destas estradas incumprindo a normativa vixente sobre o uso de produtos fitosanitarios.
riocaselas_PO-399

A asociación Lazoiro vén de presentar ante a Xefatura de Medio Rural, a Axencia Galega de Infraestruturas, a Xefatura Territorial de Medio Ambiente e O Concello de Salvaterra unha denuncia en relación ao incumprimento da normativa vixente (Directiva 2009/128/CE e RD. 1311/2012) sobre o uso  de produtos fitosanitarios que foron aplicados por persoal de mantemento nas estradas PO-399, PO-400, PO-402, PO-403, PO-404, PO 408 e PO-510, ao seu paso por Salvaterra e de titularidade da Xunta de Galicia.

Estes herbicidas foron aplicados polas beirarrúas e taludes das estradas anteriormente citadas, sen respectar os espazos mínimos de seguridade por exemplo con respecto ás masas de auga superficial, entre outros, como foi no caso do río Caselas na parroquia de Cabreira, onde non se respectou estas distancias nin ningunha outra.

As actuacións levadas a cabo polo persoal das estradas poderían ter vulnerado, alúmenos, até 6 preceptos da  Directiva 2009/128/CE e do RD. 1311/2012.

Ademais, dende Lazoiro amósanse preocupados posto que un dos principais compoñentes é o glifosato, un herbicida total non selectivo que se filtra no solo, é moi soluble na auga contaminando a terra, os acuíferos e afectando ademais ao ciclo natural dos ecosistemas. Ademais, existen estudos científicos que relacionan o uso do glifosato con afeccións e enfermidades.

Por todos estes motivos, dende a Asociación Lazoiro solicítalle ao Goberno do  Concello de Salvaterra que deixe de aplicar produtos químicos para tales fins como así instando aos organismos que teñan competencia no mantemento das estradas, camiños, tendidos eléctricos e demais, pertencentes ao Estado, Xunta de Galicia, Deputación, desbotar o seu uso.

Achegamos os documentos presentados. Os escritos para a Xefatura de Medio Rural, a Axencia Galega de Infraestruturas e a Xefatura Territorial de Medio Ambiente foron os mesmos, así que só subimos un. O do Concello é diferente. A xustificación da súa presentación será unicamente cunha imaxe de cada escrito presentado (4 escritos) co seu respectivo código.

[scribd id=317960742 key=key-XUBP77bO2Nsfn7a0mw8L mode=scroll]

[scribd id=317960781 key=key-ij7P6Q3jMUtsmPsHSC7M mode=scroll]

[scribd id=317961545 key=key-yOJMDCXUeaCDTpFOzb0w mode=scroll]

Andaina Cultural e Medioambiental este sábado e domingo dentro do Ekofeirón de Salvaterra

13435328_285412865137545_3973719378123822968_n

Con motivo da celebración do primeiro Ekofeirón galaico-porutugés que terá lugar os días 18 de 19 de xuño no parque de Salvaterra de Miño,  dende a Asociación Lazoiro imos colaborar cos organizadores realizando dúas andainas. O Ekofeirón contará con postos de artesanía, comida, cosmética natural, cervexa artesá, actividades…

Andaina medioambiental  (sábado 18 de xuño)

Roteiro ambiental pola ribeira do río miño con identificacións botánicas.

Saída: entrada principal do parque
Horario: 17:30h
Percorrido: 4km
Duración: 1:45h aprox
Inscrición: de balde

Andaina  cultural (domingo 19 de xuño)

Castelo de Salvaterra – Murallas de Monçao – Centro de Monçao  e volta a Salvaterra

Saída: entrada principal do parque
Horario: 11:00h
Percorrido: 6km
Duración: 2h aprox
Inscrición: de balde

Noites de Faladoiro con Fernando Abreu, este sábado 18

13407101_1734847756733568_2149811615098975614_nLazoiro comeza un ciclo de conferencias baixo o lema “Noites de Faladoiro”. A primeira será este sábado 18 de xuño ás 20:30h no café-bar SOHO en Salvaterra de Miño e contará con Fernando Abreu, veciño e de Salvaterra, profesor de música e membro do Cuarto Caramuxo, entre outros.

O obxectivo destas “Noites de Faladoiro” é dinamizar a actividade socio-cultural da vila aprendendo á vez dunha forma máis informal, por iso o lugar será o café-bar SOHO. O faladoiro será guiado pero o público asistente poderá intervir cando o desexe para poder aprender máis de Fernando Abreu e a súa música.