Información sobre o Proxecto Ríos

Este domingo 25 de maio organizamos as I Xornadas de Conservación do Río. Nestas xornadas presentaremos o Proxecto Ríos que dende Lazoiro formamos parte.

(Información da web de ADEGA)

Qué é?

inspecc_xan.jpgO Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.

Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección.

Unha vez recibidas estas na sede do Proxecto, elaboraranse informes anuais cos datos subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas Asemade, recolleranse nunha base de datos accesíbel nesta web. Posteriormente os grupos que así o desexen poden participar no Programa de Adopción de Ríos, co que se fan responsábeis, nalgunha medida,de velar polo estado de aqueles treitos de río que escollan.

 

Historia

No ano 1999 a Associació Hábitats inicia o Projecte Ríus en Catalunya. Actualmente máis de 700 grupos forman esta rede de inspección de ríos, desenvolvendo un importante traballo de avaliación e coidado dos ríos catalás. No ano 2004, ADEGA asina un convenio de colaboración coa Associació Habitats para trasladar a iniciativa á Galiza, adaptandoa as características específicas das nosas concas fluviais. Nace así o Proxecto Ríos, xérmolo dunha nova conciencia de respecto polas nosas augas continentais a través do coñecemento e a participación activa e responsábel da cidadanía.

 

¿Quen pode participar?

O Proxecto Ríos está aberto a calquera persoa ou colectivo que asuma o compromiso de levalo adiante: asociacións de veciños, de pescadores, deportivas, culturais, sociais, centros educativos, escolas de tempo libre, grupos familiares ou de amigos ….
Todo o mundo é benvido , teña ou non coñecementos prévios sobre os rios.

 

Ámbito xeográfico

O Proxecto Ríos abrangue toda Galiza, e dentro dela, calquera río de certa entidade que discorra nalgún dos seus treitos polo noso país

Máis información: http://www.proxectorios.org

Participa na I Asamblea da Asociación Lazoiro

cartaz asamblea

Este sábado 15 de marzo, ás 16:00h terá lugar na casa da Cultura de Salvaterra a primeira Asamblea aberta e participativa de Lazoiro. Aquí intentaremos responder a posibles dúbidas.

Quen pode asistir?

Calquera persoa, sen necesidade de ser socio, pode asistir e participar nos debates así como aportar ideas.

De que vai a tratar?

A Asamblea vai a estar dividida en dous:  a parte “burocrática”, onde trataremos as finanzas, votación da Xunta Directiva, actas e diferentes cuestións legais e outra totalmente “dinámica”, onde falaremos sobre a finalidade da Asociación Lazoiro, as actividades que levamos feito e as actividades para o futuro.

Como podo participar?

Se queres formar parte da Xunta Directiva,  tes que facerte socio   antes de que dea comezo a I Asamblea. Tamén podes ser socio sen necesidade de formar parte da Xunta Directiva.

Se o único que queres e escoitar o noso proxecto ou aportar ideas, non tes que facer nada, só asistir o sábado 15 de marzo ás 16:00h a Casa da Cultura de Salvaterra.

Onde atopo os Estatutos?

Para aportar modificacións aos Estatutos debes ser socio. Podes levar as túas modificacións o mesmo día da Asamblea,

http://lazoiro.wordpress.com/estatutos/

Fin da campaña de recollida de xoguetes e chegada do Apalpador

IMG-20131214-WA0035

A Asociación Lazoiro, somos unha organización nova fundada en Salvaterra de Miño por  un grupo de xente nova, na procura de dinamizar á actividade socio-cultural e deportiva, poñendo en valor o patrimonio da nosa vila e as nosas parroquias e fomentando valores como a participación cidadá, o emprego da nosa lingua e o ecoloxismo. O medio para alcanzar estes obxetivos basease na realización de actividades que abarquen os campos anteriormente citados, tendo como primeira iniciativa unha recollida solidaria de xoguetes.

A pesares de contar con poucos medios, a campaña solidaria de recollida de xoguetes deste nadal foi todo un éxito. A gran acollida que tivo a iniciativa fixo que se recolleran aproximadamente uns catrocentos xoguetes, dos cales unha boa cantidade foron entregados no Concello de Salvaterra de Miño antes de nadal. Por falta de espazo e tempo o concello non puido facerse cargo de todos os xoguetes, polo que os restantes serán entregados a diversas ONGs da Comarca, como é o caso dá asociación Ponte Solidario, ante a ausencia doutro sitio en Salvaterra onde entregalos.

Dende a Asociación Lazoiro, aproveitamos para agradecer a tódolos comercios, empresas e persoas de Salvaterra que colaboraron e participaron nesta campaña solidaria.

Por outra banda, tamén se realizou o pasado día 29 un roteiro co Apalpador polas rúas de Salvaterra e o Parque da Canuda. Durante o traxecto, o Apalpador interactuou cos nenos, sacándose fotos con eles, agasallándoos con caramelos e sorteando un libro. Esta iniciativa busca fomentar a  de mitos e lendas galegas.

A asociazión cultural Lazoiro comeza a súa andaina cunha recollida de xoguetes

Cartaz campaña recollida de xoguetes
Cartaz campaña recollida de xoguetes
Dende Lazoiro  preténdese que a xente nova se implique máis na vida diaria da nosa vila, formando parte de diferentes actividades.
Asociación nada en Salvaterra de Miño co obxectivo de dinamizar á actividade socio-cultural e deportiva, poñendo en valor o patrimonio da nosa vila e as nosas parroquias e fomentando valores como a participación cidadá, o emprego da nosa lingua e o ecoloxismo.
A dirección de Lazoiro esta formada  por   Samanta Vázquez (parroquia de Oleiros) , presidenta, Alberto Grandal (Salvaterra), vicepresidente, Marcos  Blanco (Grixó-Alxén), secretario, Roberto del Amparo (Salvaterra) tesoureiro e Felipe González (Meder) de vogal, ademais de socios e socias doutras parroquias.
“Dende a asociación Lazoiro queremos levar a cabo actividades para todos os públicos, por iso pensamos que é importante a colaboración entre diferentes asociacións que a día de hoxe apenas existe en Salvaterra”, afirma  Samanta Vázquez, a presidenta da asociación. Para lograr ese obxectivo dende Lazoiro    “faránse reunións cos outros colectivos a medida que  vaian surxindo ideas para levar a cabo, e dentro das nosas posibilidades, xa que aínda acabamos de constituirnos  fai pouco tempo” explica Marcos  Blanco, secretario da organización.
A primeira campaña de Lazoiro, baixo o título “Este nadal, agasalla ilusión” pretende ser o comezo da súa andaina, colaborando con numerosos establecementos de comerciantes e bares, na recollida de xoguetes que leva activa dende o xoves 5 de decembro, por iso animan aos veciños e veciñas a que participen nos establecementos que teñen o cartaz da campaña, dentro das posibilidades de cada un.