Charla sobre a Avespa Velutina en Salvaterra o sábado 12 de marzo

O sábado 12 de marzo dende a Asociación Lazoiro organizamos unha charla sobre a avespa velutina no salón de plenos do Concello de Salvaterra ás 19:30h. Contaremos coa participación Tomás Rivero e Nacho Rivero, dous expertos apicultores.

Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria o 22 de decembro

O 22 de decembro ás 21:00h terá lugar a Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación Lazoiro na Casa da Cultura de Salvaterra no local habitual de reunións. Quen desexe máis información pode poñerse en contacto no seguinte correo: info@lazoiro.org ORDE DO DÍA 1.- Altas e baixas 2.- Estado das contas 3.- Elección nova Xunta Directiva 4.-Continue reading “Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria o 22 de decembro”

III Xornadas de Conservación do Río Tea en Salvaterra

A asociación Lazoiro súmase un ano máis á Limpeza Simultánea de ríos galegos, unha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social O domingo 27 de setembro terá lugar a Limpeza Simultánea dos Ríos Galegos, unha iniciativa promovida polo Proxecto Ríos da asociación ecoloxista ADEGA onde   colaboran tamén numerosas institucións e da que a asociación LazoiroContinue reading “III Xornadas de Conservación do Río Tea en Salvaterra”

Salvaterra recupera a súa memoria

*Nota de prensa enviada aos medios de comunicación en referencia a Memoria de Salvaterra. Lazoiro lanza o proxecto Memoria de Salvaterra en forma de páxina web, que recompila fotografías antigas da vila e parroquias O obxetivo de Lazoiro ten como finalidade dar a coñecer ás novas xeracións o pasado histórico do Concello e recordar ósContinue reading “Salvaterra recupera a súa memoria”

Lazoiro presenta máis de 20 propostas para mellorar o medioambiente en Salvaterra

A asociación Lazoiro presentou o venres 24de abril propostas medioambientais no Concello de Salvaterra Dende fai un tempo ata estas datas, a asociación Lazoiro ven observando unha serie de actuacións e situacións relacionadas co noso medioambiente de Salvaterra de Miño que consideramos, non só como irregularidades a respecto das leis vixentes, senón de profundo danoContinue reading “Lazoiro presenta máis de 20 propostas para mellorar o medioambiente en Salvaterra”

Lazoiro presenta alegacións ao Proxecto Medioambiental da PLISAN

A falta de definición da PLISAN e a pasividade por parte das institucións e promotores fan evidentes á falta de medidas protectoras co río Miño e co medio ambiente en xeral. Dende asociación Lazoiro queremos amosar a nosa preocupación no referente ao Proxecto Medioambiental da Plisan e que senón contempla unha serie de medidas mínimasContinue reading “Lazoiro presenta alegacións ao Proxecto Medioambiental da PLISAN”

Lazoiro pídelle ao Goberno do Concello de Salvaterra que arranxe a mala organización do uso dos espazos públicos

Despois de máis dun ano de reunións co Goberno do Concello de Salvaterra,  a asociación dispón por fin dun local fixo de reunión. Os membros de Lazoiro vimos reclamando a cesión dun espazo no que poder levar a cabo o noso traballo, gardar material e realizar as nosas xuntanzas. Dende o Concello sempre se mostraronContinue reading “Lazoiro pídelle ao Goberno do Concello de Salvaterra que arranxe a mala organización do uso dos espazos públicos”

25 anos do Grupo Ecoloxista ADENCO

Hoxe (sábado 28) terá lugar no Auditorio Reveriano Soutillo ás 19:00h o aniversario dos 25 anos do Grupo Ecoloxista ADENCO, ademais celebrarase o I Premio Río Tea a Defensa do Medio Ambiente cos gañadores veciños e veciñas de Ribadetea na súa loita para evitar a aplicación de produtos fitosanitarios nos montes da parroquia e daContinue reading “25 anos do Grupo Ecoloxista ADENCO”