Charla este sábado 28 de xullo na Casa da Cultura de Salvaterra con Estanislao Fernandez de la Cigoña

A Asociación Lazoiro trae un novo capitulo do proxecto “Noites de Faladoiro” cunha entrevista ao escritor Estanislao Fernandez de la Cigoña y Nuñez. O vindeiro sabado día 28, a asociación Lazoiro trae un novo capitulo do seu ciclo de conferencias “Noites de Faladoiro”, cunha entrevista a un importante escritor galego. Estanislao Fernández de la CigoñaContinue reading “Charla este sábado 28 de xullo na Casa da Cultura de Salvaterra con Estanislao Fernandez de la Cigoña”

Andaina botánica con Carlos Venade o sábado 26 de maio en Salvaterra

O vindeiro sábado 26 de maio Lazoiro organizará unha nova andaina botánica co divulgador Carlos Venade. Comezará ás 9:30h na entrada do Parque A Canuda en Salvaterra de Miño, será necesario inscrición previa nun dos teléfonos que saen no cartaz. A duración aproximada será de 4h, para tódolos niveis.

Lazoiro recupera a memoria transfronteiriza na exposición “Xentes da Raia” cunha curtametraxe

Por terceiro ano consecutivo as Covas de Dona Urraca, dentro do recinto amurallado de Salvaterra, acollerán os días 20, 21 e 22 de outubro unha exposición adicada á memoria organizada pola Asociación Lazoiro. Esta nova edición, baixo o título “Xentes da Raia” terá como tema principal as relacións entre Salvaterra e Monção antes da construciónContinue reading “Lazoiro recupera a memoria transfronteiriza na exposición “Xentes da Raia” cunha curtametraxe”

Localización da Xornada de botánica e astronomía e consellos

Importante: recordade que para poder participar hai que anotarse e ter recibido a confirmación por parte de Lazoiro. Información xeral e localización dos eventos: o pagamento farase no momento da actividade, prégase levar a cantidade xusta para o pagamento, dous euros en moedas. Levar roupa cómoda e deportiva. Andaina botánica: Andaina botánica, entrada do ParqueContinue reading “Localización da Xornada de botánica e astronomía e consellos”

A Asociación Lazoiro presenta unha moción para involucrar ao Concello de Salvaterra na loitar contra os contaminantes hormonais

As administracións locais teñen un papel fundamental na implantación de medidas para reducir a exposición da cidadanía a estes contaminantes. A asociación Lazoiro continúa facendo fincapé na defensa do medio ambiente e da saúde da veciñanza de Salvaterra, informando e concienciando unha vez máis dos perigos e efectos dos contaminantes hormonais. Pide a implicación daContinue reading “A Asociación Lazoiro presenta unha moción para involucrar ao Concello de Salvaterra na loitar contra os contaminantes hormonais”

Lazoiro solicítalle ao concello de Salvaterra a instalación de desfibriladores externos nos lugares públicos con máis afluencia de xente.

Lazoiro considera de vital importancia a instalación de desfibriladores externos en lugares públicos onde hai actividades deportivas con gran afluencia de xente, así como a realización de cursos de formación para o persoal encargado de usar estes medios. O Pavillón Municipal de Salvaterra ou o Campo de Fútbol do Casal, son algúns dos exemplos queContinue reading “Lazoiro solicítalle ao concello de Salvaterra a instalación de desfibriladores externos nos lugares públicos con máis afluencia de xente.”

A Nosa Memoria, exposición e homenaxe os días 21, 22 e 23 de outubro

Lazoiro organiza os días 21, 22 e 23 unha nova exposición nas Covas de Dona Urraca en Salvaterra, adicada á memoria histórica. A exposición contara con medio cento de fotografías, xornais e documentación da época. Ademais, o domingo 23 terá lugar un acto homenaxe.

Lazoiro presenta alegacións ao Proxecto do Pantalán en Salvaterra

O estudo ambiental do proxecto presentado polo Concello evidencia que non se trata dun estudo real da zona, senón dun copia e pega doutro proxecto ao aparecer especies e outras informacións que non existen en Salvaterra O pasado luns día 3 de outubro a Asociación Lazoiro presentou no Concello de Salvaterra de Miño unha recompilaciónContinue reading “Lazoiro presenta alegacións ao Proxecto do Pantalán en Salvaterra”

Lazoiro recolle preto de 300 kilos de lixo no río Tea en Salvaterra

Na limpeza gozouse dunha  xornada de voluntariado  ambiental e concienciación social Un ano máis a asociación Lazoiro sumouse este domingo 2 de outubro á Limpeza Simultánea dos Ríos Galegos, impulsada polo Proxecto Ríos e que tivo lugar dende a desembocadura do Tea até o Cordeiro, na parroquia de Alxén. Ademais dos obxectos habituais atopados, comoContinue reading “Lazoiro recolle preto de 300 kilos de lixo no río Tea en Salvaterra”