III Xornadas de Conservación do Río Tea en Salvaterra

Cartaz_Limpeza_2015-01-01

A asociación Lazoiro súmase un ano máis á Limpeza Simultánea de ríos galegos, unha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social

O domingo 27 de setembro terá lugar a Limpeza Simultánea dos Ríos Galegos, unha iniciativa promovida polo Proxecto Ríos da asociación ecoloxista ADEGA onde   colaboran tamén numerosas institucións e da que a asociación Lazoiro forma parte.

A limpeza terá lugar dende a desembocadura do río Tea en Salvaterra, até o Cordeiro, na parroquia de Alxén. O punto de encontro será a ponte da Fillaboa ás 10:00h.

Este ano, ademais da habitual limpeza e inspección do río (análise das augas…) faremos un xantar campestre, onde cada un terá que levar a súa propia comida.

Para participar hai que anotarse no teléfono 664839244,  ademais de levar roupa cómoda e luvas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.