Inspección do Río Tea e procura de fontes no monte comunal de Salvaterra

DSC_0569

Este sábado 4 de xullo temos programada unha pequena actividade: Inspección do Río Tea e procura de fontes no monte comunal de Salvaterra

Actividade:
IMPORTANTE: PARA ANOTARSE CHAMAR AO 667 007 051

Inspección do Río:
A inspección do Río Tea entra dentro do programa Proxecto Ríos dirixido por ADEGA e coa que colaboramos. A finalidade é a concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos, dende Lazoiro temos ‘adoptado’ un treito do río Tea que se atopa na zona dos muíños que é onde desenvolvemos a inspección cos seguintes datos: velocidade da auga, caudal, estado do bosque de ribeira, construcións, sumidoiros, análise da augas, fauna e flora…

Todos e todas aprendemos moito con esta actividade, ideal para os máis peques, animádevos a participar!

A inspección é dirixida por Roberto, socio de Lazoiro e experto no tema.

Procura de fontes no monte comunal:
En colaboración coa CMVMC de Salvaterra imos percorren algunhas zonas do monte comunal para atopar unhas fontes de auga.

O percorrido estará guiado por un membro da CMVMC de Salvaterra.

Será moi divertido e atoparemos eses lugares perdidos!

Lugar e hora: quedamos ás 10:00h este sábado 4 de xuño na Ponte do río Tea en Salvaterra.

Itinerario: A primeira actividade que faremos será a Inspección do Río, terá lugar na zona dos muíños. Non debería levarnos máis dunha hora, por iso é ideal para os máis peques.
Na procura de fontes no monte comunal non temos hora exacta para a finalización, aínda que será antes da hora de xantar. Por iso é recomendable levar roupa cómoda e algo de comer por se entra fame polo camiño.

Advertencias: roupa cómoda, en caso de acompañarnos na procura das fontes de auga, por se tardamos moito en atopalas, recomendable levar auga para beber
Posto que a actividade da procura das fontes é a primeira vez que a facemos, ter en conta que iremos por zonas de monte e xa non é recomendable para os máis peques.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.